Wednesday 15 de May de 2024

Ordes abre o seu programa de Nadal coa obra teatral ‘Eran outros tempos, ou non?’


O Concello de Ordes estreou esta fin de semana o seu programa de Nadal. A primeira cita foi co teatro. Na tarde deste pasado sábado o auditorio da casa da cultura acolleu a representación da obra teatral ‘Eran outros tempos, ou non?’.
A obra, producida e levada a escea pola compañía Disfunción Teatro, está dirixida por Jouse García e no reparto figuran Bea del Río, Natalia Carbajal, Sara Andújar, Marí Porto, Clara Iglesias, Guille Pose, Alejandro Picallo, Manuel Rosende e Manu Mougán.